Animais de compañía
De boca en boca van por toda a vila os dimes e diretes sobre unhas estranas criaturas recén chegadas nunha caixiña. Un xogo de palabras rimado que sementa a confusión... e a risa!
A vella dona María subiu un día ao monte e volveu cunha caixa na que gardara varios bechiños silvestres para que lle fixesen máis levadeira a súa soidade. Aconteceu daquela que unha veciña curiosa e algo lingoreteira quixo saber que había dentro. Dona María contoullo, mais a muller entendeu algo que nada tiña que ver coa realidade. A partir de aí, armouse en toda a vila unha tremenda confusión que chegou a alarmar as autoridades. Que habería de certo no misterioso recipiente da anciá? “Animais de compañía” é un relato construído a partir dun xogo de palabras que amosa o moito que pode variar a percepción dos acontecementos ao iren pasando de boca en boca. Estes versos rimados e cheos de humor animan os lectores a xogar por si mesmos formando e deformando a linguaxe; unha proposta que nos remite á obra de clásicos como Lewis Carroll.
O texto de Manuel Lourenzo González vai acompañado nesta nova edición polas ilustracións de Óscar Villán: co seu estilo persoal e co apoio dun intenso colorido, as imaxes destacan pola expresividade dos personaxes e por reflectir con sinxeleza e eficacia o divertido xogo de palabras.

Otros idiomas:
Colección: Obras de autor/a
Edad recomendada: A partir de 6 años
Páginas: 36
Tamaño: 22 x 22
ISBN: 978-84-8464-329-6