Non é unha caixa
Unha caixa é xustamente unha caixa... a menos que non sexa unha caixa. Dende unha montaña ata un cohete espacial, o coelliño desta historia demóstralles aos lectores que unha caixa poder ser todo aquilo que lles permita a imaxinación.
Unha caixa é xustamente unha caixa... a menos que non sexa unha caixa. Dende unha montaña a un foguete espacial, o protagonista demostra como unha caixa pode ser todo aquilo que nos permita a imaxinación. Recreando vivencias da súa nenez, a autora aposta por potenciar a economía de recursos de antano: sen apenas nada co que distraerse, pódese converter o obxecto máis sinxelo no xoguete máis marabilloso. Un álbum curioso e interesante, tanto polo seu contido como pola presentación, con cubertas que imitan a textura, a cor e a aparencia das caixas de cartón, incluídas as indicacións sobre a correcta posición do bulto. A liña argumental é moi sinxela, con frases curtas e directas a modo de diálogo entre o personaxe e unha voz omnisciente que pregunta pola utilidade do envoltorio. As ilustracións -de trazos básicos e expresivos- destacan polo xogo de cores e perspectivas. É especialmente chamativo o xeito de representar a nivel artístico esa dicotomía entre o plano da realidade e o da ficción: a imaxe imaxinaria superponse sobre a orixinal, ofrecéndolle ao público unha mirada distinta. Así, o que semella ser unha simple caixa convértese, ao paso de cada páxina, nun obxecto diferente: coche de carreiras, robot, edificio en chamas… e un sinfín de cousas.
Os lectores poderán familiarizarse con conceptos básicos de localización no espazo: arriba-abaixo, diante-detrás, dentro-fóra, horizontal-vertical... Un libro que invita a explorar novos mundos, que favorece a fantasía, a interacción e o intercambio de ideas entre nenos e adultos.
Os lectores poderán familiarizarse con conceptos básicos de localización no espazo: arriba-abaixo, diante-detrás, dentro-fóra, horizontal-vertical... Un libro que invita a explorar novos mundos, que favorece a fantasía, a interacción e o intercambio de ideas entre nenos e adultos.
Otros idiomas:
Colección: Obras de autor/a
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 40
Tamaño: 22 x 22
ISBN: 978-84-8464-326-5
Premios : LIBRO DE HONRA DO PREMIO THEODOR SEUSS GEISEL 2007
PROGRAMA NACIONAL DE LÉCTURA (SEP México) 2008
OS MELLORES LIBROS PARA NENOS E XOVES (Banco do Libro de Venezuela) 2009
PROGRAMA NATI PER LEGGERE (Italia) 2012
Selección MINISTERIO DE EDUCACIÓN (Argentina) 2015