No ovo
Doce criaturas recén saídas da casca protagonizan esta divertida historia que transcorre con intriga ata unha inesperada sorpresa final. Un texto breve e enigmático acompaña a uns simpáticos animais: o parrulo, a tartaruga, o crocodilo…
Doce ovos e, en cada un -todos de diferentes tamaños, cores e texturas- unha criatura a piques de nacer. Ao principio, o interior da casca é un lugar cómodo e seguro pero axiña o espazo vai minguando a medida que os animaliños medran. Ata que chega o emocionante momento de nacer! O pitiño, o parrulo, a tartaruga, o crocodilo… unha ducia de especies ovíparas -entre aves, mamíferos e réptiles- habitan neste libro no que é necesario prestarlles moita atención ás ilustracións. Nelas está a chave para comprender o sentido do texto, breve, sinxelo e enigmático.
Cómpre identificar cal dos personaxes é o narrador da historia, por que motivo van faltando animais a medida que avanzan as páxinas… «No ovo» é un álbum moi versátil, divertido e enxeñoso: un xogo de números, un desafío visual, unha aproximación ás leis da natureza… co humor e coa transgresión como fíos condutores.
Resalta a progresión narrativa, a complementariedade entre as palabras e as imaxes incentivando a curiosidade e a intriga, ata a sorpresa final. As acuarelas e os lapis de cores danlle forma a uns simpáticos e expresivos animais.

Otros idiomas:
Colección: Obras de autor/a
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 40
Tamaño: 23,5 x 28,5
ISBN: 978-84-1343-043-0