Nina e Antón

Ventura, Antonio Estrada, Alejandra Traducción: Manuela Rodríguez

Cóntalle un conto. Antón atende, e entende. Entre Nina e o seu gato establécese un tenro diálogo. E ela, enténdeo a el?

“Nina e Antón” plasma un momento cotiá entre unha nena e o seu gato, que manteñen un tenro diálogo: as palabras dela entretécense cos pensamentos del, ata o punto de que parecen entenderse. A converxencia entre o relato sinxelo e descritivo de Antonio Ventura e as ilustracións minimalistas de Alejandra Estrada acada a súa plenitude coa identificación cromática entre a voz e a figura de cada protagonista. Un terceiro personaxe é o libro que Nina lle le a Antón; trátase do clásico “Ernesto e Celestina” de Gabrielle Vincent, a quen está dedicada esta obra. A súa influencia non só é literaria, senón que ademais inspira o estilo clásico e expresionista das imaxes, bosquexadas con trazos áxiles e dinámicos, marcando a xestualidade e a expresividade corporal de ambos.

A constante interpelación de Nina ao felino, a condescendencia de Antón cara á nena e un sutil sentido do humor están presentes nesta historia; tamén a fronteira difusa entre a realidade e a fantasía, co libro como máxico pasadizo entre os dous mundos.
Leer más
Leer menos
15,00 €