Mal de pedra

Agus, Milena Traducción: Carlos Acevedo

Era una muller sarda, romántica, namoradiza e ilusionada, que buscaba o amor ideal, pero que foi obrigada a casar cun home do que non estaba namorada. O seu mal de pedra levouna ata un balneario onde por fin atopou o amor desexado. Esta novela de Milena Agus, galardoada co Premio Elsa Morente 2006 é unha obra delicada e intensa que transporta os lectores ata un mundo entre a realidade e a fantasía, narrada cunha linguaxe sinxela, fermosa e chea de sensibilidade.

Ilustración de cuberta de MARC TAEGER

Mentres prepara o seu casamento, unha moza recorda a vida da súa avoa: unha muller sarda, romántica, namoradiza e ilusionada, que procura o amor ideal, ata o punto de escribir apaixonados poemas e de considerar que un home a pretende só con sorrirlle. Mais a familia obriga a muller a casar con alguén de quen non está namorada; un home que debe aceptala para saldar débedas coa familia dela. Ao pouco de casar, a muller ten que visitar un balneario na península para curar o seu mal de pedra; alí atopará o amor desexado e mesmo conseguirá sandar dos seus cólicos renais. Cunha linguaxe sinxela, fermosa, e chea de sensibilidade, que á vez transmite unha fonda emoción, Milena Agus tece para os lectores unha sutil rede xeográfica, histórica, familiar e sentimental para ofrecerlles esta obra delicada e intensa, transportándoos ata un mundo a cabalo entre a realidade e a fantasía. A historia da avoa é a imaxe da dura vida en Italia despois da II Guerra Mundial, mais tamén o exemplo para perseguir os soños, con personaxes unidos pola sensibilidade artística, o sufrimento, a loucura, os amores inventados ou frustrados. “Mal de pedra”, publicada en 2006, traduciuse a máis de vinte e cinco idiomas e vendeu máis dun millón de exemplares.
Leer más
Leer menos
14,00 €