Letras nos cordóns

Falcón, Cristina Marcolin, Marina Traducción: Manuela Rodríguez

Cando aprende a ler, Flor descobre que as letras son contadoras de cousas. Tamén axuda na casa e coida dos seus irmáns no camiño á escola. A memoria imborrable da nenez, nun relato entrañable e ilustrado con dozura.

“Letras nos cordóns” é un álbum entrañable e doce que, a modo de diario, evoca a nenez, a escola e o contacto inicial cos libros, a porta ao saber, o pasaporte a outros mundos imaxinarios: “Flor xa sabe ler, di que as letras, que para min son uns debuxos moi difíciles de entender e de xuntar, son contadoras de cousas e que cando aprendes a ler é como se che contasen contos”. Cristina Falcón describe a experiencia dunha familia numerosa e humilde na que a irmá maior e a avoa ocúpanse do fogar en ausencia da nai. O intenso agarimo no reencontro coa figura materna, as sensacións dispares de gozo ou de disgusto no ámbito escolar, e a madurez prematura dos nenos en tempos de carencias materiais, que non afectivas, marcan este relato emotivo e sentimental, que remove a memoria.

As ilustracións -sutís e delicadas- de Marina Marcolin, teñen ese ton ocre e antigo das lembranzas. Combinan estampas familiares realistas de gran beleza, con imaxes simbólicas e suxerentes nas que as letras do abecedario son o fío condutor.
Leer más
Leer menos
16,00 €