FEIRA DO LIBRO DE VIGO: OBRADOIRO-PRESENTACIÓN DE "VERME" E "BALEA"

FEIRA DO LIBRO DE VIGO: OBRADOIRO-PRESENTACIÓN DE

Os artistas Federico Fernández e Germán González presentarán o seu novo libro, «Verme», publicado por KALANDRAKA, este mércores 28 de xuño a partir das 12:00 horas na Feira do Libro de Vigo, que se desenvolve na rúa peonil do Calvario. Trátase dun libro visual, interactivo e despregable que vén de recibir o Premio Follas Novas do Libro Galego 2023 na categoría de ilustración. Está protagonizado polos divertidos operarios dunha máquina coa que é posible viaxar ao centro da Terra. Despois de «Balea», esta é a súa segunda obra conxunta, coa que volven presentar unha orixinal proposta que permite estimular a agudeza visual, a creación de historias e a imaxinación.

Precisamente, os autores impartirán un obradoiro creativo para nenas e nenos a partir das posibilidades literarias e artísticas que ofrece este libro de formato acordeón que, ao extendelo, transfórmase nun gran mural de dobre cara: mentres que nun lado se observa o exterior deste sorprendente enxeño mecánico, a outra cara amósao por dentro, dividido en numerosas estancias nas que transcorren as aventuras dos seus habitantes.

Federico Fernández -Premio Nacional de Ilustración 2001- e Germán González son licenciados en Belas Artes pola Universidade de Vigo e ambos dedícanse á docencia. Crearon estes libros inspirándose nas viñetas de Francisco Ibáñez en «13, Rue del Percebe», nas propostas lúdicas de Ali Mitgusch cos seus “álbums de imaxes ocultas” e nas multitudes de Martin Handford en «Onde está Wally?». «Verme» e «Balea» alentan a idea dunha comunidade en movemento, en harmonía coa natureza e que fai da colaboración en igualdade unha forma de vida.

June 28 2023

Detalles

Comienzo: June 28, 2023, 12:00 PM
Fin: June 28, 2023, 1:00 PM