Elmer
A historia do entrañable elefante multicolor é un clásico inspirado na obra de Paul Klee que aplaude a diversidade e as diferenzas, que promove a solidariedade e o respecto, a amizade e a aceptación. Cada 26 de maio celébrase o o Día Mundial de Elmer.
A pel de Elmer é de moitas cores e, malia que quixera parecerse aos seus conxéneres, sempre será multicolor. Afortunadamente! Con máis de 30 anos dende a súa publicación, este clásico da Literatura Infantil e Xuvenil contemporánea aborda con humor e con simpatía as dificultades para aceptarnos tal como somos, recoñecendo e poñendo en valor o que nos diferenza dos demais. Co apoio dos seus compañeiros, que aprezan a súa ledicia e o seu carácter aberto, o tenro e entrañable protagonista desta serie mundialmente coñecida logrará superar a inseguridade, a tristura e o rexeitamento inicial que sentía polo seu aspecto. Unhas ilustracións cheas de colorido e contrastes, e un relato con tensión narrativa ben resolta, fan desta obra un recurso imprescindible para primeiros lectores.
A historia de Elmer, que protagonizou máis dunha vintena de títulos editados en numerosos países, remóntanse a 1968. O autor paseaba pola súa cidade natal coa súa dona −de orixe anglo-india− e a filla de ambos cando, na outra beira da rúa, un rapaz aldraxou a nena. Coa influencia artística de Paul Klee, o autor preséntanos esta divertida criatura de aspecto “amarelo, laranxa, vermello, rosa, violeta, azul, verde, negro e branco” para enxalzar a tolerancia e o respecto polas diferenzas, afondar no autocoñecemento e na individualidade, e destacar a importancia de ser un mesmo.

Colección: Clásicos contemporáneos
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 36
Tamaño: 20 x 23
ISBN: 978-84-8464-380-7