Agora non, Bernardo

McKee, David Traducción: Xosé Manuel González

Se o teu fillo di que hai un monstro a piques de papalo, que farías? Un clásico que, corenta anos despois, segue tan vixente como daquela. De lectura obrigada para reflexionar sobre a (in)comunicación.

Este clásico de 1980 é unha inquietante e divertida historia para primeiros lectores, e á vez un toque de atención aos adultos, tan ocupados nas súas cousas que non atenden abondo as necesidades -xa non materiais, senón afectivas- dos cativos. Malia que Bernardo avisa os seus pais de que hai un monstro a piques de papalo, ningún lle fai caso. No cume do absurdo, o monstro chega a ocupar o lugar do neno no fogar, sen que ninguén máis da familia se decate e persistan en ignoralo, como facían co rapaz. Un texto con frases breves -descritivas ou dialogadas- dálle axilidade ao relato, ilustrado con imaxes expresivas e vivas cores. Son viñetas que contrapoñen a actitude apelativa de Bernardo cara aos seus pais fronte á indiferencia -e mesmo o fastío- destes por seren interrompidos.

Baixo esta aparente sinxeleza, subxace unha historia incómoda, tan real antano coma na actualidade, ou máis oportuna aínda. De obrigada lectura para reflexionar sobre a (in)comunicación.
Leer más
Leer menos
15,00 €