Todos o viron

Ylla Wise Brown, Margaret Traducción: Nicolás, Iago

Animais grandes e pequenos sorpréndense ante algo estraño. Un clásico contemporáneo con magníficas fotografías que asombra e convida á reflexión.

Publicado por vez primeira no ano 1944 nos Estados Unidos, «Todos o viron» é o primeiro dos catro libros que a fotógrafa Ylla e a escritora Margaret Wise Brown realizaron conxuntamente. Nas súas magníficas imaxes en branco e negro, lectoras e lectores descubrirán as reaccións de animais grandes e pequenos, feros e mansos, salvaxes e domesticados, ante algo estraño que presenciaron. Mentres uns o fan con asombro, outros non poden evitar saltar ao colo das súas nais.

O texto rebuldeiro de Margaret Wise mantén o suspense ata as páxinas finais, nas que a autora consegue arrincarnos un sorriso e convidarnos á reflexión.
Leer más
Leer menos
16,50 €

Otros idiomas: