Cinco minutos de paz

Murphy, Jill Traducción: Sandra e Óscar Senra Gómez

Mamá Grande só quere uns minutiños de tranquilidade na súa bañeira quente, escumosa e chea de burbullas. Pero Lester, Laura e o bebé teñen tanta enerxía e fan tanto barullo como sempre. A paz dúralle moi pouco a Mamá Grande.

Coincidindo co 30º aniversario da súa publicación, KALANDRAKA recupera este álbum de Jill Murphy, co que moitos adultos poderán identificarse porque “Cinco minutos de paz” invoca un desexo practicamente inalcanzable para quen ten nenos pequenos ao seu cargo: tratar de aillarse do mundo por un instante sen que eles interrumpan ese lapso de tempo coas súas inquedanzas, as súas imprevisibles ocorrencias e a súa espontaneidade. Destaca a elección de animais tan robustos como os elefantes para protagonizar un relato divertido e entrañable. Mamá Grande e as súas crías son habilmente humanizadas con atavíos cotiás e nun contexto doméstico ao inicio da xornada. A expresividade dos personaxes reflicte un amplo abano de sentimentos: dende a resignación, o malestar ou a paciencia da nai, ata o arrepentimento ou o inocente entusiasmo dos pequenos paquidermos, que son pura enerxía.

Porque Mamá Grande só quere uns minutiños de paz e de tranquilidade na súa bañeira quente, escumosa e chea de burbullas.

Unha historia tan real como a vida mesma, contada con naturalidade, humor e afecto.
Leer más
Leer menos
16,00 €