Catro cuartetos
Catro composicións co tempo como eixo central que remiten un lugar simbólico na memoria dunha das figuras máis destacadas da poesía moderna. Edición bilingüe inglés-galego con tradución e limiar de Martín Veiga. Ilustración de cuberta de ANTONIO MURADO
Co tempo como eixo central, cada un destes cuartetos remite a un lugar simbólico na memoria vital e espiritual do poeta e os catro constitúen unha longa viaxe polas orixes e a noción de fogar, polas vivencias da infancia como alicerce dun ámbito redentor e pola historia civil e relixiosa que marcan o Eliot da madurez. Nun planeta devastado por dúas guerras mundiais atopa na preservación da palabra e na invocación do sagrado o mellor antídoto contra a angustia. Aí traballa, con dedicación de artesán, para a restitución da idea de Deus na modernidade. Finalmente, na variedade formal, tonal e discursiva deste ciclo alenta tamén unha vocación de unidade que engaiola e fai da voz que el alza unha voz que, sendo rigorosamente actual, carrexa os ecos dunha tradición gañada con esforzo.
Sen buscar emocións novas, senón coas comúns, e xuntando a complexidade de pensamento coa gracilidade das imaxes, o resultado é unha obra monumental prologada e traducida, oitenta anos despois da súa edición princeps, polo poeta e profesor Martín Veiga. O limiar salienta que a obra poética de Eliot “amalgama a querenza pola reflexión filosófica, metafísica, propia de certa literatura ensaística, cunha marcada orientación performativa e dialóxica” vencellada á súa escrita dramática.
Esta edición bilingüe en inglés e galego achega por fin a obra de quen foi “unha referencia central, indiscutíbel, do canon do modernismo anglófono e un dos grandes fitos da poesía moderna”, como afirma Veiga.

Colección: Poesía
Edad recomendada: Lectores expertos
Páginas: 112
Tamaño: 14,5 x 21
ISBN: 978-84-19213-34-1