Unha historia detectivesca de dobre canón

Twain, Mark Traducción: Antía Veres Gesto

Unha sátira caricaturesca sobre o xénero da novela de intriga, protagonizada por un Sherlock Holmes incompetente. Porque a vida sempre garda algunha sorpresa.

Ilustración de cuberta de ADRIÀ FRUITÓS

Na época da febre do ouro, o famoso detective Sherlock Holmes está de vacacións en California. Mais a historia do crime nunca se detén e maniféstase neses días cun gran rebumbio nun campo mineiro onde, casualmente, traballa un sobriño de Holmes, Fetlock Jones. Alí tamén vive o vello Flint Buckner, asasinado cando alguén fai voar a súa cabana con el dentro. Nesa vila traballa Archy Stillman, un mozo que naceu cun olfacto de sabuxo. Será Sherlock Holmes co seu rigor científico, ou será Archy Stillman coa súa intuición, quen nos conducirá até o asasino? Coa mestría literaria e co enxeño que o caracterizan, Mark Twain mófase dun Sherlock Holmes incompetente ao tempo que presenta pasaxes de fondo e hábil calado melodramático. “Unha historia detectivesca de dobre canón” -novela breve publicada en 1902 no Harper’s Magazine- é unha sátira caricaturesca sobre o xénero da novela de intriga, demostrando que a vida sempre garda algunha sorpresa. Considerado un dos grandes autores da literatura norteamericana, a súa escrita combina o humor e a sátira coa crítica social e a descrición realista do mundo no que vive.
Leer más
Leer menos
12,00 €