Un ianqui na corte do rei Artur

Twain, Mark Traducción: Carlos Acevedo

Un texto divertido, mordaz e crítico cos lastres da superstición, da ignorancia e da explotación das persoas. Sobre as peripecias dun home do século XIX que se atopa de súpeto na Inglaterra da Alta Idade Media, nunha sociedade atrasada e desigual.

Ilustración de cuberta de MARC TAEGER

“Un ianqui na Corte do Rei Artur” é unha das obras máis divertidas e, á vez, máis mordaces de Mark Twain. Publicada en 1889, comeza co encontro casual do autor cun turista americano, durante unha visita ao castelo de Warwick, na parte central de Inglaterra. O excéntrico forasteiro, Hank Morgan, que fora mecánico nunha fábrica de armas de Connecticut, narrará a Twain a súa sorprendente historia, recollida nun vello manuscrito. A raíz do golpe sufrido nunha pelexa na fábrica, Morgan perde a consciencia. Cando esperta atópase recostado contra unha árbore, no medio dun prado pertencente ao reino de Camelot, na Inglaterra da Alta Idade Media. O ianqui introduce naquela sociedade medieval os adiantos tecnolóxicos do século XIX: o xornal, o telégrafo, a bicicleta… Co seu apoio intenta mudar as relacións sociais para facelas máis xustas e igualitarias, pero axiña se topará de fronte cos poderes establecidos, baseados en desapiadadas leis, na forza das armas e na superstición. Terá que loitar contra deles para poder salvar mesmo a súa propia vida.

Coma noutras obras súas, Mark Twain critica nesta novela a sociedade do seu tempo, e tamén a explotación, a superstición e a ignorancia.
Leer más
Leer menos
20,00 €