Cartas desde a terra

Twain, Mark Traducción: Carlos Acevedo

Desterrado por criticar a obra do Creador, Satán pasa un día celestial na Terra comprobando como evoluciona o experimento da raza humana. Ilustración de cuberta de MARC TAEGER

“Cartas desde a Terra” é unha das obras de Mark Twain publicadas moito despois da morte do autor, exactamente en 1962, máis de cincuenta anos despois do pasamento do escritor. O crítico e historiador Bernard de Voto editou os textos en 1939 e deulles forma de libro, pero a filla de Mark Twain, Clara Clemens, prohibiu durante varias décadas a publicación da obra, quizais por considerala demasiado crítica co cristianismo. Deus condena a Satán a pasar un día celestial na Terra por mor duns comentarios irónicos sobre a súa obra que o arcanxo espallou entre os seus compañeiros. Ao chegar a este planeta, Satán deseguida comeza a escribirlles cartas aos seus amigos Gabriel e Miguel, nas que lles comenta os avatares da humanidade, as súas crenzas e a súa relación co Creador. Cun estilo ameno, directo e irónico, Mark Twain mostra as contradicións do home perante o feito relixioso e cuestiona ata a mesmísima figura da Divindade.
Leer más
Leer menos
10,00 €