O señor Ibrahim e as flores do Corán
A historia dunha amizade que trascende as crenzas dos seus protagonistas: un adolescente xudeu e un tendeiro musulmán. Unha novela iniciática que apela ao multicuralismo, á tolerancia e á igualdade.
Ilustración de cuberta de ADRIÀ FRUITÓS
		Momo é un adolescente xudeu, desorientado e orfo de agarimo. Ibrahim é un tendeiro musulmán, de carácter reflexivo e pausado, cunha visión da vida marcada pola perspectiva e pola experiencia dos anos. Dous habitantes solitarios da rúa Azul, no París dos anos 60, que traban unha entrañable amizade que trascende as súas respectivas crenzas. Un aporta vitalidade, o outro sabedoría... Máis que unha novela, trátase dun texto iniciático que apela ao multiculturalismo, á tolerancia e ao entendemento entre iguais. A súa lectura reconforta e afortala a nosa confianza na especie humana. Partindo dunha relación pseudo-paternofilial entre os protagonistas, este relato sinxelo e áxil ábrenos a porta a unha reflexión esperanzadora sobre o futuro do mundo no que vivimos. 
«O señor Ibrahim e as flores do Corán» é o segundo título da Triloxía do invisible, dedicada ás principais relixións, da que tamén forman parte «Milarepa» e «Oscar e Mamie-Rose».
	
	
	«O señor Ibrahim e as flores do Corán» é o segundo título da Triloxía do invisible, dedicada ás principais relixións, da que tamén forman parte «Milarepa» e «Oscar e Mamie-Rose».
                            Colección: Narrativa K
                                        Edad recomendada: A partir de 16 años   
                                        Páginas: 72
                                        Tamaño: 13,5 x 20,5
                                        ISBN: 978-84-16721-79-5
                    
         
 
         




