O planeta dos simios
Hai un lugar no universo onde os humanos non dominan as demais especies. En Soror gobernan os simios. Un relato estarrecedor, emblema da antiutopía.
Ilustración de cuberta de ADRIÀ FRUITÓS
“O planeta dos simios” pódese encadrar nas fantasías distópicas ou antiutópicas que abundaron no pasado século XX, con exemplos como “Un mundo feliz” de Huxley ou “1984” de Orwell. Esta obra de Pierre Boulle presenta un mundo futuro onde os humanos son gobernados por simios, como crítica á obsesión da nosa especie por dominar o planeta. Tamén expón o problema da discriminación racial na xerarquía de castas implantada nesa ficticia sociedade simiesca: os gorilas no alto do escalafón ostentando o poder militar, a continuación os chimpancés polas súas habilidades científicas e intelectuais, seguidamente os orangutáns representando a clase sacerdotal, e por debaixo de todos, os humanos como man de obra.
Facendo unha aterraxe de emerxencia, a nave espacial de Ulysse Mérou e da súa familia chega ao planeta Soror, que destaca pola súa exuberante natureza e polo clima morno. A diferenza dos humanos que habitan nel, Mérou é quen de falar, evidenciando que as persoas teñen capacidade para pensar e expresarse, e contradicindo así os dogmas de fe predicados polo orangután supremo. Dous chimpancés que investigan as orixes na escala evolutiva axudarano primeiro a ser aceptado nesa sociedade tan simiocéntrica e humanofóbica, e despois facilitarán que escape coa súa muller e co fillo de ambos.
De volta á Terra comprenderán que as sospeitas dos chimpancés ían máis aló: que o elo perdido na evolución dos simios son os propios humanos e que, como antigos poboadores do planeta, son antepasados seus; e por riba, que Soror é o propio planeta Terra dous mil anos despois da marcha de Mérou, que en realidade viaxara no tempo.
Esta obra non só é unha novela de aventuras, senón unha historia de ciencia-ficción que invita os lectores a reflexionar sobre a capacidade autodestrutiva dos seres humanos como resultado dun cataclismo atómico. Unha luz de esperanza queda no horizonte, con Ulysse e a súa muller na procura dunha nova Terra onde volver empezar e vivir en paz. Esta estarrecedora novela de Pierre Boulle, que o autor consideraba unha fantasía social, deu lugar a unha das mellores sagas do cinema.

Colección: Narrativa K
Edad recomendada: Lectores expertos
Páginas: 272
Tamaño: 13,5 x 20,5
ISBN: 978-84-16721-43-6