Janosch

Janosch

(Hindengurb, Alemania -actual Zabrze, Polonia-, 1931)

Janosch é o pseudónimo de Horst Ecker. Adoptou ese nome artístico animado polo seu primeiro editor. Marcado por unha infancia difícil, sendo moi novo empezou a traballar como ferreiro e cerralleiro. Trala II Guerra Mundial, a súa familia mudouse a Alemaña Occidental e el empregouse nunha fábrica téxtil. En 1953 trasladouse a Munich e durante unha tempada estudou na Academia de Belas Artes. Logo esta-bleceuse como artista independente e en 1960 publicouse o libro infantil co que iniciou a súa traxectoria artística e literaria, que suma máis de 300 obras traducidas a 70 linguas, e polas que recibiu numerosos premios. A súa sona internacional débese a “Que bonito é Panamá!”, editado en 1979. Dende 1980 reside en Tenerife, onde escribe e ilustra libros infantís, de narrativa, pezas teatrais e filmes de animación. Tamén é autor dalgunha novela para adultos con elementos autobiográficos. Mesmo che-gou a ilustrar textos de escritores destacados, como Charles Bukowski.

https://www.janosch.de

6 artículos

Fijar Dirección Ascendente
por página