Sete poetas vascos. Alén da fronteira
Sete voces de Euskadi traspasan as fronteiras lingüísticas para darse a coñecer en Galicia da man da colección Tambo, que reúne versos dos catro puntos cardinais.
Luigi Anselmi. Bernardo Atxaga. Jon Gerediaga. Tere Irastortza. Xabier Lete. Xabier Montoia. Joseba Sarrionandia.
Ilustración de cuberta de ÁNGEL CERVIÑO
De idades, estilos e traxectorias diferentes, o que teñen en común os poetas vascos agrupados nesta antoloxía é a súa pertenza a unha lingua milenaria e o feito de publicaren boa parte da súa obra na editorial Pamiela. De cada un, preséntanse media ducia de composicións -en edición bilingüe éuscaro/galego- que pretenden estimular o interese dos lectores galegos por unha poesía insuficientemente divulgada alén da súas fronteiras. Faktoría K retoma o ronsel literario iniciado pola colección de poesía Tambo, que interrompera a súa actividade en 2006 despois de máis de trinta entregas. Daquela -e tamén con Luís Rei Núñez como coordinador- saíron obras de escritores como Carlos Oroza, Ramiro Fonte, Estíbaliz Espinosa, Antón Patiño, Román Raña, Manuel Romón, Elvira Rivero, Xavier Seoane, Cecilio Muñoz ou Manuel Álvarez Torneiro. Na ilustración das portadas colaboraron artistas como Menchu Lamas, Xosé Freixanes, Berta Cáccamo, Marta Armada ou Antón Lamazares. Nesta nova etapa, Tambo ábrese a autores doutras linguas traducidos directamente para o galego.
Colección: Poesía
Edad recomendada: Lectores expertos
Páginas: 156
Tamaño: 14,5 x 21
ISBN: 978-84-15250-37-1
Premios : PREMIO LOIS TOBÍO de tradución (VIII PREMIOS DA EDICIÓN AGE-2012)