A psicoloxía infantil e a nova educación

Piaget, Jean Traducción: Henrique Harguindey

Interesado na renovación pedagóxica, Piaget foi un defensor dos métodos activos de ensino e de ter en conta as achegas da psicoloxía para anovar a educación. Fotografía de cuberta de VICENTE BLANCO

Este sexto volume da Biblioteca de Pedagoxía contén os ensaios “Bases psicolóxicas dos novos métodos pedagóxicos” (1935) e “O dereito á educación no mundo actual” (1948). Estes textos de Jean Piaget abordan o interese do autor pola renovación pedagóxica, a defensa dos métodos activos de ensino, e avogan pola necesidade de que se teñan en conta as achegas da psicoloxía para anovar a educación. Son numerosos os tratados sobre a obra intelectual de Piaget, así como a aplicación dos seus conceptos no eido da innovación didáctica, sendo constantes as mencións ás posicións piagetianas na bibliografía internacional.

O psicólogo suízo investigou a construción da intelixencia e o desenvolvemento do pensamento na infancia e na adolescencia. A súa contribución nestes campos fixo del un referente fundamental para os estudos de Psicoloxía da Educación e para a evolución da Pedagoxía. A actual psicoloxía cognitiva -como paradigma de maior credibilidade académica- ten nas teses e nos estudos de Piaget un piar fundamental. A súa teorización é coñecida como “construtivismo psicolóxico”.

A obra complétase cun texto do catedrático do Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación na Universidade de Barcelona, Eduard Martí Sala, doutorado en Psicoloxía pola Universidade de Xenebra, sendo colaborador de Jean Piaget no Centro International de Psychologie Genétique.
Leer más
Leer menos
14,00 €