Unha volta ao mundo

Sarrionandia, Joseba Ares Traducción: Xubín, Isaac

A verdadeira historia da gran viaxe de Magalhães e Elcano no século XVI, abranguendo aspectos complexos do mundo actual. 

«Unha volta ao mundo» propón unha revisión dunha controvertida etapa da Idade Moderna relacionada coas expedicións marítimas, a apertura de rutas comerciais e a colonización de territorios descoñecidos. O texto de Joseba Sarrionandia céntrase no periplo capitaneado en 1519 polo explorador portugués Fernão de Magalhães que finalizou en 1522 ao mando do vasco Juan Sebastián Elcano, tras completar a primeira circunnavegación da Terra. Lonxe da mitificación e da épica desta era dos descubrimentos como grandes aventuras protagonizadas por personaxes heroicos, o autor revela aspectos incómodos que apenas se recollen nos libros de historia convencionais: os abusos e o autoritarismo a bordo das embarcacións, o sometemento das poboacións indíxenas, as diferenzas culturais, a desigualdade, a memoria histórica, o papel da Igrexa no reparto do mundo…

O relato artéllase arredor da conversa entre unha nena e a súa avoa, unha profesora universitaria que, a petición da neta, lle conta a “historia verdadeira” fronte á ficción dos contos. Un diálogo tenro e intelixente que, ademais da audacia da rapaza e da visión crítica da veterana docente, presenta reflexións sobre filosofía, política, relixión ou ciencia -conceptos como física do tempo, nación, globalización, machismo...- sen renunciar ao humor, a ironía ou a discrepancia entre ambos os personaxes.

Esta viaxe transoceánica complétase coas ilustracións de Ares, que tanto participan do ton humorístico do relato con enxeñosas metáforas visuais, actualizando con detalles contemporáneos a recreación de acontecementos históricos, como se cinguen á narración con escenas de intenso colorido e trazos rotundos.
Leer más
Leer menos
18,00 €

Otros idiomas: