Un globo vermello
Deseño minimalista e depurado que marcou unha época. Libro, sen texto, que aborda o proceso da metamorfose dun globo noutros obxectos saídos da imaxinación de Iela Mari.
KALANDRAKA recupera un clásico que en 1967, cando Iela Mari o publicou por primeira vez, revolucionou o panorama da literatura infantil universal pola súa atractiva e novidosa proposta gráfica: trátase dun libro sen texto que destaca polo seu deseño minimalista e depurado. Co paso de cada páxina apréciase o proceso de metamorfose dun globo en diversos obxectos cos que garda unha semellanza: mazá, bolboreta, flor... Con títulos como “Un globo vermello” inaugurou un estilo case abstracto que destacaba pola ausencia de realismo e un elevado grao de simplificación cromática, convertendo esta obra nun álbum atípico para o público infantil. De aí o seu mérito ao converterse nun referente neste xénero no que as palabras substitúense por imaxes cheas de dinamismo que -lonxe do silencio aparente- evocan múltiples figuras.
“Imaxinei estes álbums porque non atopaba libros que me interesaran para os meus propios fillos”, explicou Iela Mari nunha entrevista publicada en 1985 por «La revue des libres pour enfants».
Importábanlle as transformacións, os ciclos da natureza ou, como ela dicía, as “imaxes do nacemento da vida”. As bibliotecas eran a súa fonte de documentación de cada traballo, pensado para “chamar a atención sobre as formas para compensar o bombardeo de imaxes da televisión”.

Otros idiomas:
Colección: Obras de autor/a
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 40
Tamaño: 22 x 22
ISBN: 978-84-8464-538-2
Premios :