Un cadro de Van Gogh

d'Harcourt, Claire Van Gogh Traducción: Xosé Ballesteros

Un ameno achegamento a unha das obras máis importantes da historia da Arte a partir da análise dos seus detalles e da semblanza dun autor que quedou abraiado coa luz da Provenza.
Deseño de Loïc Le Gall

Entrar nun cadro, viaxar por ese novo universo, explorar cada curruncho, cada recanto… As páxinas deste libro fan un percorrido por un dos cadros máis importantes da historia da Arte: “A habitación de Van Gogh en Arles”, de Vicent Van Gogh. O pintor atopou na Provenza unha luz cegadora para os seus cadros, que impregnou de amarelos, azuis e outras cores puras, intensas e brillantes. A súa habitación de mobles rústicos transmite tranquilidade; Van Gogh representa os seus elementos con pinceladas rápidas e sinuosas, sen preocuparse pola perspectiva. «A visión deste cadro debe servir para repousar a cabeza ou máis ben a imaxinación», dixo o autor, cuxa estancia está disposta para recibir o seu amigo Gauguin.

Claire d’Harcourt propón neste libro un achegamento orixinal e accesible para o público infantil á obra e á semblanza deste artista. A HABITACIÓN DE VAN GOGH EN ARLES data de 1888 e atópase no Museo d’Orsay de París.
Leer más
Leer menos
15,00 €

Otros idiomas: