Tomás o bromista

Rico Ródenas, Jorge Cantone, Anna Laura Traducción: Manuela Rodríguez

De crocodilo, de león, de abella... os seus improvisados disfraces non lle fan ningunha graza a ninguén. Bromas rimadas para rir a gargalladas.

“Tomás o bromista” reúne todos os ingredientes para gustarlle ao público infantil, invitándoo a que se involucre e sexa partícipe do relato: é un texto narrativo aderezado con rimas, repeticións e fórmulas acumulativas; e sobre todo, o humor, as sorpresas e a creatividade están presentes de principio a fin. O protagonista é un neno traveso ao que lle encanta disfrazarse para gastar bromas a quen vai de visita á súa casa. Reutilizando calquera material usado é quen de ataviarse coma un crocodilo, un león, unha abella, un elefante… Pero quen ri o último, ri mellor, pensan os destinatarios de tantos sustos.

O ton lúdico do texto de Jorge Rico Ródenas refórzase coa profusión cromática nas ilustracións de Anna Laura Cantone, que combinan a técnica da colaxe de obxectos e texturas, a acuarela, os lapis e as ceras de cores. Os seus personaxes son grotescos e extravagantes, bosquexados con trazos finos e dinámicos. Diversión e desenfado nun álbum que vai de sobresalto en sobresalto.
Leer más
Leer menos
14,00 €