CULTURGAL: XESÚS FRAGA PRESENTA "RÍO MIÑO"

CULTURGAL: XESÚS FRAGA PRESENTA

O xornalista, tradutor e escritor Xesús Fraga presenta en Culturgal o seu novo libro, «Río Miño, una viaxe entre solsticios», distinguido con XVIII Premio Eurostars de Narrativa de Viaxes. O autor conversará co profesor, escritor e crítico literario Ramón Nicolás arredor desta obra que se forxou ao longo de seis meses, entre as estacións de inverno e verán. Xesús Fraga percorreu os 315 quilómetros do curso do Miño dende o seu nacemento no Pedregal de Irimia, na serra de Meira, ata a súa desembocadura na Guarda, no océano Atlántico.

O resultado é unha viaxe física e contemplativa, narrada con frugalidade e enxeño, que nos achega ao fluxo dos regatos do principal río de Galicia, pero tamén ás terras que o rodean: a Terra Chá, Lugo, Paradela, a Ribeira Sacra, Os Peares, Ourense ou Castrelo do Miño.

Mesturando un estilo tan lírico como documentado, a narración non se limita á dimensión natural do Miño, senón tamén a realizar un percorrido histórico, cultural e sentimental, irmandando escenarios, paisaxes, voces e testemuños únicos, e reflexionando sobre o pasado, presente e futuro tanto do río como do país. «Río Miño, una viaxe entre solsticios» é tanto un redescubrimento «da columna vertebral, física e simbólica de Galicia» como unha evocación sobresaínte da paisaxe que convida á reflexión.

Redactor de cultura en La Voz de Galicia dende 1997, Xesús Fraga conta cunha ampla traxectoria literaria como escritor e tradutor ao galego de Vladimir Nabokov, Jack Kerouac, Robert Macfarlane, Patrick Ness ou Julian Barnes, entre outros persoeiros. É autor de relatos como «Reo», «A-Z» e novelas como «Solimán» ou «Virtudes (e misterios)», pola que recibiu o Premio Blanco Amor 2019 e o Premio Nacional de Narrativa 2021.

Trala presentación, o autor asinará exemplares no stand de KALANDRAKA (nº 39) a partir das 12:45 horas.

 

December 3 2023

Xehetasunak

Hasi: December 3, 2023, 12:00 PM
Amaiera: December 3, 2023, 12:45 PM
Helbidea: r/ Alexandre Bóveda, s/n. Pontevedra

Sede

Culturgal: Recinto Feiral de Pontevedra

+ Google Map