Aviso legal

1 LEI DE SERVIZOS DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN E COMERCIO ELECTRÓNICO

En cumprimento do disposto no art. 10 da Lei 34/2002 de 11 de xullo de Servizos da Sociedade da Información (L.S.S.I.), dáselle a coñecer a seguinte Información Xeral:

Que o dominio www.kalandraka.com -a partir de agora, sitio web- está rexistrado a nome de KALANDRAKA EDITORA, S.L. con domicilio social en R/ Pastor Díaz, 1, 4º B, 36001 - Pontevedra; sociedade inscrita no Rexistro Mercantil de Pontevedra, Tomo 2081 da sección 8, Folio 96, Folla PO-20869, Inscrición Primeira, provista de CIF ESB36302024.

2 CONDICIÓNS DE USO

I.- USUARIOS/AS

O acceso e/ou uso do sitio web www.kalandraka.com, atribúelle a quen o realiza a condición de usuario/a, aceptando, dende ese mesmo momento, plenamente e sen reserva ningunha, as presentes Condicións Xerais, así como as condicións particulares que, no seu caso, complementen, modifiquen ou substitúan as Condicións Xerais en relación con determinados servizos e contidos do sitio web.

II.- USO DO SITIO WEB, OS SEUS SERVIZOS E CONTIDOS

O/a usuario/a comprométese a utilizar o sitio web e os seus servizos e contidos sen contravir a lexislación vixente, a boa fe, os usos xeralmente aceptados e a orde pública.

Así mesmo, queda prohibido o uso da web con fins ilícitos ou lesivos contra O TITULAR ou calquer/a terceiro/a, ou que, de calquera forma, poidan causar prexuízo ou impedir o normal funcionamento do sitio web.

Con respecto aos contidos (informacións, textos, gráficos, arquivos de son e/ou imaxe, fotografías, deseños, etc.), prohíbese:

     -A súa reprodución, distribución ou modificación, a menos que se conte coa autorización dos seus lexítimos/as titulares ou resulte legalmente permitido.

     -Calquera vulneración dos dereitos do TITULAR ou dos seus lexítimos/as titulares sobre os mesmos.

     -A súa utilización para todo tipo de fins comerciais ou publicitarios, distintos dos estritamente permitidos.

     -Calquera intento de obter os contidos do sitio web por calquera medio distinto dos que se poñan á disposición dos/as usuarios/as, así como dos que habitualmente se empreguen na rede, sempre que non causen prexuízo algún á web.

III.- MODIFICACIÓN UNILATERAL

O TITULAR poderá modificar unilateralmente e sen previo aviso, sempre que o considere oportuno, a estrutura e deseño do sitio web, así como modificar ou eliminar os servizos, os contidos e as condicións de acceso e/ou uso do mesmo.

IV.- HIPERENLACES

O establecemento de calquera ligazón entre unha páxina web e o sitio web estará sometido ás seguintes condicións:

     -Non se permite a reprodución, nin total nin parcial, de ningún dos servizos nin contidos do sitio web.

     -Agás consentimento previo e expreso, a páxina web na que se estableza a ligazón non conterá ningunha marca, nome comercial, rótulo de establecemento, denominación, logotipo, slogan ou outros signos distintivos pertenecentes ao TITULAR.

     -Baixo ningunha circunstancia O TITULAR será responsable dos contidos ou servizos postos á disposición do público na páxina web dende a que se realice a ligazón, nin das informacións e manifestacións incluídas nas mesmas.

V. EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADE

O TITULAR non outorga ningunha garantía nin se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puidesen traer causa de:

     -Falta de dispoñibilidade, mantemento e efectivo funcionamento da web e/ou dos seus servizos ou contidos.

     -Falta de utilidade, adecuación ou validez da web e/ou dos seus servizos ou contidos para satisfacer necesidades, actividades ou resultados concretos, ou expectativas dos usuarios.

     -Existencia de virus, programas maliciosos ou lesivos nos contidos.

     -Recepción, obtención, almacenamento, difusión ou transmisión, por parte dos/as usuarios/as dos contidos.

     -Uso ilícito, neglixente, fraudulento, contrario ás presentes Condiciones Xerais, á boa fe, aos usos xeralmente aceptados ou á orde pública, do sitio web, dos seus servizos ou contidos, por parte dos/as usuarios/as.

     -Falta de licitude, calidade, fiabilidade, utilidade e dispoñibilidade dos servizos prestados por terceiros/as e postos á disposición dos/as usuarios/as no sitio web.

     -Incumprimento por parte de terceiros/as das súas obrigas ou compromisos en relación cos servizos prestados aos usuarios/as a través do sitio web.

VI. DURACIÓN

A duración da prestación do servizo do sitio web e dos servizos é de carácter indefinido. Sen prexuízo do anterior, O TITULAR resérvase o dereito para interromper, suspender ou rematar a prestación do servizo da web, ou de calquera dos servizos que o integran, nos mesmos termos que se recollen na condición terceira.

VII. LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICCIÓN

As presentes Condicións Xerais rexeranse pola lexislación española. KALANDRAKA EDITORA, S.L. e o usuario/a, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense á Xurisdicción dos Xulgados e Tribunais do domicilio do/a usuario/a para cantas cuestións puidesen suscitarse ou accións exercitarse derivadas da prestación do servizo da web e dos seus servizos e contidos, e sobre a interpretación, aplicación, cumprimento ou incumprimento do aquí establecido.

No suposto de que o/a usuario/a teña o seu domicilio fóra de España, KALANDRAKA EDITORA, S.L. e o/a usuario/a, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense á Xurisdicción dos Xulgados e Tribunais de Pontevedra.

3 BAIXA DE COMUNICACIÓNS COMERCIAIS

De conformidade coa Lei de Servizos da Sociedade da información 34/2002, garánteselle ao usuario/a a posibilidade de deixar de recibir información comercial nun prazo máximo de 10 días dende que comunique a súa vontade mediante correo electrónico dirixido a infoweb@kalandraka.com.