Escola de Barbiana

Escola de Barbiana

Situada nos montes de Mugello -Apeninos da Toscana- a 45 quilómetros de Florencia, a aldera de Barbiana foi o destino a onde foi relegado, por «molesto», o escritor, pedagogo e sacerdote Lorenzo Milani. A pesar do illamento nunha localidade que carecía de estrada, teléfono, luz e auga corrente, foi onde desenvolveu -entre 1954 e 1967- un intenso labor docente na scuola popolare, aberta «doce horas ao día, 365 días do ano». O seu alumnado foron os fillos do campesiñado que, pola súa condición social e polo contexto afastado no que vivían, non asistiran á escola con regularidade. En horarios de tarde-noite, Milani abriu unha escola diferente; un labor que traspasou as fronteiras de Italia e converteuse nun faro da pedagoxía popular en todo o mundo grazas á Carta a unha profesora, na que nenas, nenos e adolescentes denunciaron a selectividade social que impón un modelo de educación clasista e conservadora, reivindicando unha educación para todas e todos.

1 artículo

Fijar Dirección Ascendente
por página