Blanco, Riki

Blanco, Riki

(Barcelona, 1978)

Forxou a súa traxectoria como ilustrador na Escola Massana da Cidade Condal e na Escola Joso Cómics. As súas primeiras tiras cómicas empezaron a aparecer a partir de 1998, en publicacións como La Burxa, o suplemento universitario de El País ou a revista Barcelona Educació. Nese mesmo ano participou na creación da revista de banda deseñada “Artritis”. Recibiu o primeiro galardón da súa carreira en 2000, ao gañar o concurso de deseño da portada do catálogo da firma Guarro Casas. Ao ano seguinte tamén recibiu o primeiro premio “Lola Anglada” de ilustración infantil. A súa produción como ilustrador de libros comezou a incrementarse dende entón, en editoriais como Meteora (“Contes d’anar i tornar”), La Galera (“Els vents de la fortuna”) ou Destino Infantil (“Quiero ser mayor”), ademais de KALANDRAKA. En 2002 foi seleccionado para a Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña (Italia); froito desa experiencia chegou a realización do álbum “Miopes”, para a editorial Orecchio Acerbo.

http://www.rikiblanco.net

1 artículo

Fijar Dirección Ascendente
por página