Buarque, Chico

Buarque, Chico

(Río de Janeiro, 1944)

Poeta, dramaturgo, novelista, músico e compositor, un dos máis influíntes de Brasil. Autor de cancións de refinada harmonía como “O que será” ou “Meu caro amigo”, as súas letras destacan polos xogos de palabras cun trasfondo de nostalxia tráxica, e pola temática intimista ou a situación cultural, social e económica do país. Coa súa participación en festivais e programas de televisión fíxose moi popular, o que non lle impediu exercer unha intensa actividade política -colaborando con cineastas, músicos e dramaturgos- contra a ditadura militar no seu país, polo que foi arrestado en 1968. Ao ano seguinte exiliouse en Italia pero voltou a Brasil ao ano seguinte, onde se adicou a escribir cancións de protesta e denuncia contra o réxime, que lle valeron a censura. Dende 1966 leva publicados uns 50 discos e as novelas «Estorvo» (1992), «Benjamin» (1995) e «Budapest» (2003), que foron aclamadas pola crítica.

1 artículo

Fijar Dirección Ascendente
por página