Nabokov, Vladimir

Nabokov, Vladimir

(San Petersburgo, 1899 - Suiza, 1977).

Comezou a escribir as súas primeiras novelas en ruso, pero a fama internacional acadouna coa súa produción literaria en inglés. A súa vida estivo marcada polo exilio en Alemaña, a partir de 1919, debido ao temor da súa familia polo bolchevismo. Posteriormente ingresou na Universidade de Cambridge. Chegou a Estados Unidos en 1940, procedente de Francia e fuxindo da II Guerra Mundial; cinco anos despois obtivo a nacionalidade norteamericana. A súa novela sobre xadrez, “A defensa de Lùzin” (1930), consagrouno como un dos principais valores da xeración de escritores emigrados de Rusia. A súa primeira obra en inglés, “Barra sinistra”, publicouse en 1947. Con novelas como “Pnin” (1957) e “Pale Fire” (1962) conseguiu ser recoñecido como unha das figuras máis importantes do panorama literario universal. En 1959 estableceuse en Suiza, onde viviu ata o seu pasamento.

1 artículo

Fijar Dirección Ascendente
por página