Premio de Poesía para Nenas e Nenos Rosa Sensat

A Associació de Mestres Rosa Sensat e a editorial Kalandraka convocan o Premio de Poesía para Nenas e Nenos Rosa Sensat, organizado polo grupo transVersant la poesia, co obxectivo de estimular a creación e publicación de poesía de calidade en lingua catalá dirixida a nenos e nenas e a promoción da lectura deste xénero. O premio consta dunha dotación económica de 5.000 € e a publicación da obra.