Eliot, T. S.

Eliot, T. S.

(Saint Louis, 1888 - Londres, 1965)
Tras a infancia na súa cidade natal, no seo dunha familia acomodada e culta, en 1906 ingresa na Universidade de Harvard, onde estuda grego, literatura inglesa, alemán, historia medieval e historia da arte. Interésase polos poetas simbolistas franceses e baixo ese influxo chega en 1909 a París. Estuda tamén en profundidade a Dante, John Donne e outros poetas metafísicos ingleses e en 1914 regresa a Europa para instalarse definitivamente en Londres. Estréase como poeta con Prufrock and Other Observations (1917) e publica tamén crítica e ensaios, reunidos en The Sacred Wood (1921). En 1922 dá ao prelo The Waste Land (A terra erma), un poema complexo e escuro, recibido axiña como reflexo do tempo en desintegración que sucede á Primeira Guerra Mundial. Desde 1924 exerce como editor ao tempo que novos libros o acaban convertendo no principal referente da poesía británica, un lugar que revalida e agranda en 1943 con Four Quartets. Recibe o Premio Nobel en 1948 e desde aí ata a súa morte en 1965 dedícase, nomeadamente, á literatura teatral.

[Fotografía: Lady Ottoline Morrell]

1 artículo

Fijar Dirección Ascendente
por página