ENTREGA DO XVI PREMIO COMPOSTELA ÁS AUTORAS DE "A VISITA"
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, preside o acto institucional de entrega do XVI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado ás autoras de «A visita», Núria Figueras e Anna Font. Tamén asistirán dous dos integrantes do xurado, o artista Xosé Cobas e a directora editorial de KALANDRAKA, Manuela Rodríguez. O certame, organizado en colaboración co Departamento de Educación do Concello de Santiago, premiou unha obra que nos axuda a reflexionar, practicar a introspección, escoitarnos, coñecernos e saber que sentimos.
Partindo das cualidades positivas do silencio, trátase dun relato delicioso, orixinal e necesario que ofrece múltiples lecturas. Non só toma pinceladas dos contos clásicos; tamén desprega un diálogo áxil e cheo de tenrura entre ambos os personaxes e, a través dos recursos literarios que emprega, anima as lectoras e os lectores a tomar conciencia do seu mundo interior, a gozar desas sensacións, a redescubrir a súa propia esencia.
Aínda que transcorre en plena noite, as páxinas de «A visita» son luminosas e coloridas: dende un bosque de vexetación esquemática, cun cromatismo exuberante e repleto de matices, adentrámonos nun cálido tobo onde destaca a simpática figura da raposa e o trazo sinxelo co que se resolve a representación de algo tan intanxible e invisible como o silencio; un minimalismo gráfico extensible ademais a outros elementos simbólicos como os latexos do corazón e os pensamentos.
O acto contará coa actuación musical de Xavier Díaz.
Utilizamos cookies para personalizar o contido e os anuncios, proporcionar funcións de redes sociais e analizar o noso tráfico. Tamén compartimos información sobre o seu uso do noso sitio cos nosos socios de redes sociais, publicidade e análise, os cales poden combinala con outra información que lles proporcionase ou que recompilasen a partir do uso dos seus servizos.
Necesarias
Preferencias
Estadísticas
Marketing
Necesarias
As cookies necesarias axudan a que un sitio web sexa utilizable ao permitir funcións básicas como a navegación pola páxina e o acceso a áreas seguras do sitio web. O sitio web non pode funcionar correctamente sen estas cookies.
Preferencias
As cookies de preferencias permiten que un sitio web lembre información que cambia a forma en que se comporta ou se ve o sitio web, como o seu idioma preferido ou a rexión en que se encontra.
Estadísticas
As cookies estatísticas axudan aos propietarios de sitios web a comprender como os visitantes interactúan cos sitios web recompilando e proporcionando información de forma anónima.
Marketing
As cookies de márketing utilízanse para rastrexar os visitantes nos sitios web. A intención é mostrar anuncios que sexan relevantes e atractivos para o usuario individual e, polo tanto, máis valiosos para os editores e anunciantes externos.
As cookies son pequenos arquivos de texto que os sitios web poden utilizar para facer que a experiencia do usuario sexa máis eficiente.
A lei establece que podemos almacenar cookies no seu dispositivo se son estritamente necesarias para o funcionamento deste sitio. Para todos os demais tipos de cookies precisamos o seu permiso.
Este sitio utiliza diferentes tipos de cookies. Algunhas cookies son colocadas por servizos de terceiros que aparecen nas nosas páxinas.
En calquera momento pode cambiar ou retirar o seu consentimento da Declaración de cookies no noso sitio web.
Obteña máis información sobre quen somos, como pode contactarnos e como procesamos os datos persoais na nosa Política de Privacidade.