CULTURGAL: BERNARDO ATXAGA PRESENTA "EXTERIORES DO PARAÍSO"

CULTURGAL: BERNARDO ATXAGA PRESENTA

O escritor Bernardo Atxaga presentará a súa nova obra, «Exteriores do paraíso», o sábado 2 de decembro a partir de las 19:00 horas no Espazo Letras de Culturgal, que se celebra en Pontevedra. "Fixen o meu debuxo máis íntimo, xenuíno e verdadeiro”, ten afirmado o autor sobre este texto publicado por KALANDRAKA, con tradución de Isaac Xubín. “Quere saber como é este home? Lea este libro", engade Atxaga, que conversará co xornalista cultural Ramón Rozas.

«Exteriores do paraíso» é un artefacto literario, un híbrido que vadea os límites da narrativa, da poesía e da autobiografía; unha lectura diferente que permite viaxar por unha paisaxe onde conviven formas e materias que rara vez soen ir xuntas. Á narración melancólica séguenlle uns versos que fan rir; ao apunte autobiográfico súmase o relato dunha lectura pública singular ou unha extravagante conferencia sobre literatura.

Máis aló da súa variedade formal e estilística, as páxinas desta obra, de estrutura ordeada e clara, comparten un mesmo fondo: volven unha e outra vez sobre o amor, o medo e a morte; os temas que, dende a primeira gripe de Adán —sinal do seu alonxamento do paraíso— acompañan a todas as persoas deste mundo.

«Exteriores do paraíso» vén se un libro esencial na extensa e recoñecida obra de Bernardo Atxaga, membro da Academia da Lingua Vasca e unha das figuras máis destacadas das nosas letras: Premio Euskadi, Premio Nacional de Narrativa, Premio Grinzane Cavour, Premio Mondello, Premio Times Literary Supplement Translation, e finalista do European Literary Award, do Independent Foreign Fiction Prize e do Oxford Weideenfeld Translation Prize.

Trala presentación, o autor asinará as súas obras no stand de KALANDRAKA (nº 39) a partir das 19:45 horas.

December 2 2023

Detalles

Comenzo: December 2, 2023, 7:00 PM
Fin: December 2, 2023, 7:45 PM
Dirección: Recinto Feiral de Pontevedra: r/ Alexandre Bóveda, s/n. Pontevedra

Sede

Culturgal: Recinto Feiral de Pontevedra

+ Google Map