Premio Compostela


O Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados está convocado polo Departamento de Educación do Concello de Santiago en colaboración con KALANDRAKA Editora. A iniciativa, impulsada no marco da Campaña Municipal de Animación á Lectura que ambas entidades veñen organizando dende 2001, ten o obxectivo de pór en valor este xénero literario e artístico, ademais de proxectar o nome da cidade ao exterior. A súa dotación económica é de 9.000 euros en concepto de adianto polos dereitos intelectuais e a obra gañadora publícase nas linguas cooficiais da Península Ibérica.

XVII PREMIO COMPOSTELA