Roy, Arundhati

Roy, Arundhati

 

(Shillong, India, 1959)

Comezou traballando como guionista para programas de televisión e películas como «In Which Annie Gives It Those Ones» (1989, Premio da Academia India de Cine ao mellor guión), baseada nas súas experiencias como estudante de arquitectura e na que tamén foi actriz, e «Electric Moon» (1992), ambas dirixidas por quen era daquela o seu marido, Pradip Krishen. «O deus das pequenas cousas» lanzouna á fama internacional: ademais do Premio Booker 1997, tamén estivo entre os libros destacados do ano en The New York Times, situándoo entre os libros máis vendidos. Foi traducido a máis de medio cento de idiomas e converteuse nun acontecemento literario en todos os países onde se publicou. Posteriormente escribiu outras obras e ensaios políticos. Recibiu o Premio José Luis López de Lacalle por «El álgebra de la justicia infinita». Afincada en Nova Delhi, implicouse en varias causas sociais e políticas, como a protesta contra as probas con armas nucleares realizadas polo goberno indio e o rexeitamento a varios proxectos de represas hidroeléctricas. En 2004 foi distinguida co Premio Sidney da Paz polo seu apoio ao pacifismo e ao ano seguinte participou no Tribunal Mundial sobre Irak.

Fotografía: Augustus Binu

1 artículo

Fijar Dirección Ascendente
por página