Pascual de la Torre, María

Licenciada en Belas Artes con doutoramento en Debuxo, é directora de arte do estudio de deseño Pluviam. Publicou un bo número de títulos para público infantil polos que recibiu, entre outros, o Premio do Concurso Internacional de Álbum ilustrado 2017, convocado pola Biblioteca Insular do Cabildo de Canarias. Imparte obradoiros de ilustración e cursos de formación para mediadores, ademais de participar en numerosas exposicións en centros culturais e museos, tanto nacionais como internacionais. O seu traballo abrangue tamén o cómic, a animación, a publicidade, a ilustración en prensa… Foi seleccionada na Feira do Libro Infantil de Boloña 2022.

1 artículo

Fijar Dirección Ascendente
por página