Pacheco, Gabriel

Pacheco, Gabriel

(Ciudad de México, 1973)

Graduado en Escenografía pola Escola Nacional de Teatro do Instituto Nacional de Belas Artes e Literatura (INBA). A súa irmá, deseñadora e especialista en infantil, introduciuno na ilustración de álbums, un traballo que realiza con “liberdade e desenfado” dende 1997. A evocación e o diálogo co pasado son as claves do seu traballo: “Podes pintar unha árbore vermella ou unha mazá azul, non hai límites”, explica Pacheco. Recibiu diversos galardóns, entre os que destacan o premio do X Concurso Internacional de Ilustración Cittá de Chioggia (Venecia) en 2004 e o Premio Internacional de Libro Ilustrado de México en 2000 e 2002. Traballou para editoriais como Alfaguara, Santillana, SM e KALANDRAKA, onde publicou “O poliño da abeleira” e “O home de auga”.

https://www.facebook.com/gabrielpacheco00

2 artículos

Fijar Dirección Ascendente
por página