Kono, Yara

Kono, Yara

(São Paulo, 1972)

Licenciada en Farmacia Bioquímica na Universidade de São Paulo. Posteriormente estudou Deseño e Comunicación na Escola Panamericana de Arte, faceta á que se acabou dedicando. No 2000 foi a Xapón cunha bolsa do Centro de Deseño Yamanashi. Reside en Portugal, onde traballa como deseñadora gráfica; dende 2004, en Planeta Tangerina. Ademais da mención no I Premio Internacional Compostela 2008 por “Ovelliña, dáme la” (KALANDRAKA), gañou o Premio Nacional de Ilustración 2010 en Portugal, o Premio Bissaya Barreto 2016, e foi seleccionada no certame Nami Island de Corea e na exposición da Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña.

1 artículo

Fijar Dirección Ascendente
por página