Gomi, Taro

(Toquio, 1945)
Graduouse no Instituto de Deseño Kuwazawa, onde iniciou a súa traxectoria como deseñador industrial e gráfico. Publicou uns 300 libros e os seus lectores, tanto en Asia como no resto do mundo, abranguen unha ampla franxa de idades, dende os primeiros anos da infancia ata os adultos. Así, as súas obras foron traducidas a 15 idiomas. Recibiu varios premios, nacionais e internacionais, como o da Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña. Ademais de facer libros para nenos, tamén adquiriu fama noutros ámbitos artísticos, como o deseño de moda, a produción de animacións para público xuvenil, CD-ROM ou ensaios, entre outros.

1 artículo

Fijar Dirección Ascendente
por página