Douzou, Oliver

Douzou, Oliver

(Rodez, Francia, 1963)
Graduado en Arquitectura, escritor, ilustrador, deseñador gráfico e especialista en comunicación visual. Entre 1988 e 1993 foi director artístico dos estudios gráficos Agora XXI e Design Strategy. Coa publicación do álbum “Jojo la Mache” en 1992, iniciou a súa carreira profesional como ilustrador. Un ano despois foi nomeado director artístico de Editions du Rouergue, onde permaneceu ata 2001. Posteriormente dedicouse ao deseño gráfico e cofundou a editorial l’Ampoule especializada en libros ilustrados para público adulto. Dende 2011 ocupa o cargo de director editorial da sección infantil e xuvenil de Editions Du Rouergue. Publicou ao redor de sesenta títulos e obtivo, entre outros recoñecementos internacionais, o Premio da Feira de Boloña 1999 e o Baobab do Salón do libro de Montreuil, en 2006. Os seus libros foron traducidos a diferentes linguas. Está considerado como un dos grandes renovadores contemporáneos do libro infantil, tanto na forma como no contido.

1 artículo

Fijar Dirección Ascendente
por página