Castro, Rosalía de

Castro, Rosalía de

(Santiago, 1837 - Padrón, 1885)

Iniciou a súa formación na Sociedade Económica de Amigos do País e frecuentou o Liceo da Xuventude, onde estivo en contacto cos intelectuais da época. Casou co galeguista Manuel Murguía en 1858 e comezou a escribir os seus primeiros poemarios. A publicación de “Cantares gallegos” en 1863 marcou o inicio do primeiro Rexurdimento galego, nun momento de esperanza no futuro, que crebou co fracaso da Revolución do 68 e a Restauración. O seu derradeiro poemario galego, “Follas Novas”, publicouse na Habana e Madrid en 1880. O seu legado literario contén unha importante obra en español, poética e narrativa. Os seus restos repousan no Panteón de Galegos Ilustres. No centenario da publicación de “Cantares gallegos” a Real Academia Galega consagrou o 17 de maio á celebración do Día das Letras Galegas, que lle foi adicado na súa primeira edición.

1 artículo

Fijar Dirección Ascendente
por página