Migallas

Migallas

Creado por María Campos e Carlos Yus como grupo de teatro afeccionado en 1992, dende 1996 é unha compañía profesional. Suma milleiros de actuacións por toda Galicia. Ademais de espectáculos teatrais e contacontos, realizan talleres de expresión dramática a través de concellos, asociacións e escolas, como “Á procura do tesouro” en Pontevedra, que coordinan dende 1999. Tamén realizan visitas teatralizadas polo Centro Histórico e polo Museo de Pontevedra. Crearon o libro-disco “Pan de millo”, o disco “Zaragallada” coa Banda Migallas e editaron o libro “Un avó especial” a partir dunha das súas obras, sobre a doenza do Alzheimer. Recibiron o Premio Xoan Manuel Pintos 2016 pola súa traxectoria e polo seu traballo a prol da nosa lingua.

www.migallas.com

 

2 artículos

Fijar Dirección Ascendente
por página