Santos, Antonio

Santos, Antonio

(Lupiñén, Huesca, 1955)

Estudou na Academia R. Sanvisens e na Facultade de Belas Artes de Barcelona, na especialidade de Escultura, e despois na Facultade de Belas Artes de París, nun Taller de talla de pedra. Leva máis de 25 anos desenvolvendo o seu traballo artístico, participando en numerosas exposicións individuais en España e Francia, en galerías coma a Sala Vergara ou a galería Foga de Barcelona, Galería S’Art de Huesca, La Malandrine, EMSTA, Atelier des Arts, o Salón de Arte de Versalles de Paris ou a May Moré, así como a Galería Juan Gris de Madrid. Pola súa traxectoria artística ten recibido galardóns coma o Premio Eugenio D’Ors en 1989, entre outros, e foi seleccionado en diferentes ocasións nos Premios Villa de Madrid de Pintura e Escultura. No eido da ilustración, realizou os linograbados da obra “Kafka”, da Editorial Odradek de París, en 1994.

Non podemos atopar libros que coincidan coa selección.