FESTA DOS LIBROS DE PONTEVEDRA: LUCÍA COBO ASINA “OSA”
KALANDRAKA vén de recuperar no catálogo dos Libros para soñar o primeiro álbum da ilustradora Lucía Cobo. «Osa», con texto do científico e divulgador José Ramón Alonso, aborda o ciclo da natureza e o ciclo da vida, que se funden nunha tenra historia. O posto da libraría Seijas na Festa dos Libros de Pontevedra recibe o sábado 6 de xullo a Lucía Cobo, que asina exemplares a partir das 19:45 horas.
«Osa» achega unha ollada orixinal arredor da maternidade, mesturada co ciclo da natureza a través das estacións. O texto, breve e poético, contrasta coa forza expresiva das imaxes: primeiros planos que resaltan a fisionomía monumental da protagonista; o detallismo nos trazos, nos matices cromáticos e nas texturas; o dinamismo das imaxes e a representación do paso do tempo.
Reforzando o lirismo das palabras, destacan especialmente as metáforas visuais: o valor simbólico das pegadas que envolven a obra, a anatomía de Osa integrada na paisaxe e o paralelismo entre a primavera e a maternidade incipientes. Velaí o agromar da vida, cerna deste fermoso libro que sitúa as lectoras e os lectores ante as sensacións dunha criatura tan poderosa como entrañable.
De orixe lucense mais afincada na Coruña, Lucía Cobo estudou Enxeñaría e, logo de traballar uns anos como deseñadora gráfica, titulouse en Ilustración na Escola Pablo Picasso, ampliando a súa formación cun Máster en Álbum Ilustrado. Ademais de ilustrar libros, tamén imparte obradoiros para público infantil e adulto. Recibiu unha mención de honra no V Catálogo Iberoamericano de Ilustración (2014), entre outros recoñecementos. «Osa» é o seu segundo título en KALANDRAKA, tras ilustrar o poemario «Continente animal».
We use cookies to personalise content and ads, to provide social media features and to analyse our traffic. We also share information about your use of our site with our social media, advertising and analytics partners who may combine it with other information that you've provided to them or that they've collected from your use of their services.
Necessary
Preferences
Statistics
Marketing
Necessary
Necessary cookies help make a website usable by enabling basic functions like page navigation and access to secure areas of the website. The website cannot function properly without these cookies.
Preferences
Preference cookies enable a website to remember information that changes the way the website behaves or looks, like your preferred language or the region that you are in.
Statistics
Statistic cookies help website owners to understand how visitors interact with websites by collecting and reporting information anonymously.
Marketing
Marketing cookies are used to track visitors across websites. The intention is to display ads that are relevant and engaging for the individual user and thereby more valuable for publishers and third party advertisers.
Cookies are small text files that can be used by websites to make a user's experience more efficient.
The law states that we can store cookies on your device if they are strictly necessary for the operation of this site. For all other types of cookies we need your permission.
This site uses different types of cookies. Some cookies are placed by third party services that appear on our pages.
You can at any time change or withdraw your consent from the Cookie Declaration on our website.
Learn more about who we are, how you can contact us and how we process personal data in our Privacy Policy.