FEIRA DO LIBRO DA CORUÑA: KIKO DA SILVA

FEIRA DO LIBRO DA CORUÑA: KIKO DA SILVA

Na recta final da Feira do Libra da Coruña, o autor, ilustrador e historietista Kiko Da Silva asinará exemplares dos libros «Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis» e «Moncho e a mancha» o domingo día 6 a partir das 12:30 horas na caseta da libraría Santos Ochoa.

Licenciado na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, iniciou a súa traxectoria profesional en 1998. Dende entón creou e dirixiu as revistas de banda deseñada BD Banda (premio ao mejor fanzine do Salón do Cómic de Barcelona 2007), Fiz Retranca (Premio do público no Salón do Cómic de Barcelona 2007 e Premio Ourense á Mellor Iniciativa de Banda Deseñada 2010). Tamén foi colaborador da revista El Jueves. Recibiu, entre outros recoñecementos, o 1º Premio de Cómic de Ourense (1996), o Premio Internacional de Humor Gráfico de Porto e o Premio Castelao de Banda Deseñada (2014). Foi becado en 2011 pola Fundación Arte y Derecho. Actualmente colabora con El Correo Gallego realizando viñetas de humor gráfico, ademais de dirixir e impartir clases na Escola Profesional de Banda Deseñada e Ilustración O Garaxe Hermético, en Pontevedra.

August 6 2023

Details

Start: August 6, 2023, 12:30 PM
End: August 6, 2023, 2:00 PM
Address: Xardíns de Méndez Núñez

Venue

Feira do Libro da Coruña

+ Google Map