Novo, Olga

Novo, Olga

(A Pobra do Brollón, 1975)

Poeta, filóloga e profesora de Ensino Secundario, exerceu a docencia nas Universidades de Rennes e de Lorient, na Alta e na Baixa Bretaña. Ademais de moitas colaboracións en revistas e mais en antoloxías, publicou os libros «A teta sobre o sol» (1996), «Nós nus» (1997, Premio Losada Diéguez), «A cousa vermella» (2004), «Cráter» (2011, Premio da Crítica) e «Feliz Idade» (2019, Premio Nacional de Poesía 2020, Premio da Crítica Española 2019, Premio da Crítica de Galicia 2020 e Premio Gala do Libro Galego). Como ensaísta é autora, entre outros, dos volumes «O lume vital de Claudio Rodríguez Fer» (1999, 2008) e «Uxío Novoneyra. Lingua loaira» (2005, Premio de Investigación Ánxel Fole).

No podem trobar productes que coincideixin amb la selecció.