Soñar con dinosauros

Ahlberg, Allan Amstutz, André Traducción: Senra Gómez, Sandra e Óscar

Unha nova aventura dos esqueletos máis divertidos, na que terán que enfrontarse en soños a uns peculiares dinosauros.

«Nunha escura, escurísima rúa hai unha alta, altísima casa.
Nesa alta, altísima casa, hai un profundo, profundísimo soto.
Nese profundo, profundísimo soto, hai unha cómoda, comodísima cama.
E nesa cómoda, comodísima cama... tres esqueletos están a soñar». Con esta fórmula rítmica e sonora comeza unha nova e trepidante aventura dos esqueletos máis divertidos. Nesta ocasión son perseguidos en soños por orixinais osamentas de dinosauros ata que o valente esqueleto de can desencadea un terrorífico e divertido final.

Despois de “Os esqueletos divertidos”, Kalandraka recupera outro álbum desta serie clásica inspirada nos personaxes creados por Allan e Jane Ahlberg que deu lugar nos anos 80 a unha exitosa serie de animación.
Leer más
Leer menos
16,00 €