Os esqueletos divertidos

Ahlberg, Allan Ahlberg, Janet Traducción: Sandra e Óscar Senra Gómez

Tres simpáticos esqueletos saen unha noite a pasear e a asustar xente. Xogos e cancións nunha lectura terrorificamente divertida.

«Os esqueletos divertidos» é unha divertida historia protagonizada polos esqueletos dun home, dun neno e dun can que saen unha noite a pasear e a asustar xente. Lonxe de infundir medo, son personaxes simpáticos e alegres que o pasan ben -e os lectores canda eles- xogando, cantando e ata atemorizándose os uns aos outros. Pero os dous primeiros son tan despistados que para reconstruíren os ósos desmontados da súa mascota arman un tremendo, cómico e melódico lío. Partindo dunha chamativa portada que brilla na escuridade, o gran sentido do humor que desprende este libro refórzase tamén mediante a repetición de fórmulas narrativas, o uso de palabras que acentúan o clima pretendidamente lúgubre do relato, ou o carácter progresivo -en sentido ascendente e descendente- das accións para potenciar a tensión e a intriga. Trátase, pois, dunha historia ideal para ser lida ou contada con certa dramaturxia.

A pesar de que as aventuras deste trío de caveiras transcorren nas tebras, as ilustracións destacan polo seu variado e intenso colorido, ocupando toda a páxina ou dispostas en viñetas onde os protagonistas toman a palabra para interpelarse ou entoar cancións, creando así un nivel de lectura paralelo á narración omnisciente.
Leer más
Leer menos
16,00 €