Somos amigos?
Porque a amizade é, polo menos, cousa de dous: pedir e dar, non só no material, senón tamén no afectivo.
“Somos amigos?” é un álbum ilustrado dirixido a pre-lectores e a primeiros lectores sobre a construción da amizade entre un neno e un oso: a priori, dous personaxes moi diferentes, pero que poden ser complementarios se se axudan mutuamente. Anabel Fernández Rey estrutura a obra en dúas partes, amosando os puntos de vista, os desexos e as necesidades dos protagonistas ante situacións cotiás. Porque aínda que ás veces temos que facer cousas polos demais que non nos gustan ou nos custan certo esforzo, é entón cando se demostra a verdadeira amizade: como entrega, dende a cooperación, a xenerosidade e sen egoísmo. Porque apoiándonos nas dificultades fortalécense os lazos afectivos. Porque non importa o distintos que sexamos fisicamente ou as capacidades diferentes que teñamos.
Texto e ilustracións dialogan no libro de modo que a parte visual ten tanto peso como as palabras -ou mesmo máis, nas dobres páxinas mudas-, o que abre a lectura a diversas interpretacións e conclusións. O diálogo entre os personaxes establécese con palabras e xestos: un verbaliza os seus desexos mentres a resposta do outro intúese a través da súa expresividade.
Colores e pinceladas suaves son a principal cualidade artística desta obra, xunto coa variedade de planos e o xogo coa linguaxe non verbal.

Otros idiomas:
Colección: Obras de autor/a
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 40
Tamaño: 18,5 x 25,5
ISBN: 978-84-8464-998-4
Premios : MENCIÓN ESPECIAL DO VIII PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA
DE ÁLBUM ILUSTRADO